O Aita Mari da ONG Salvamento Marítimo Humanitario, bautizado asó en honra a un famoso mariñeiro vasco que nunca dubidou en lanzarse ao mar e tratar de rescatar a quen estivesen en apertos, atópase amarrado no porto da Coruña.

Esta aquí porque nos pode estar onde debería. O gobernó prohibiulle navegar as augas do Mediterráneo Central onde cada día pérdense vidas humanas.

Nos últimos anos o Mediterráneo converteuse nun cementerio infame, una fosa común na que xa afogaron miles de persoas fuxindo de situación de conflicto aberrantres.

“Foxen do Daesh, foxen da pobreza e foxen das guerras” sinalaba o capitán do barco, Marco Martínez, na súa chegada á cidade. “Non existe un efecto chamada como din as malas linguas. Existe un efecto saída”.

As autoridades eurpeas mentres tanto permaneces impasibles. Emítense informes, constátase una e outra vez a necesidade imperante de dar una solución conxunta e eficaz a esta crise, revélanse estadísticas arrepiantes: 2.275 personas afogáronse tratando de chegar a Europa no 2018 (isto que saibamos, lembremos que soamente contanse os cadáveres), o alto comisionado da ONU para os refuxiados sentencia “salvar vidas no mar non é unha opción, nin una cuestión política, é una obriga ancestral” e o Papa Francisco repite “vergogna, vergogna!”.

Pero ninguén fai NADA, e non só iso, impídese traballar aos que non se resignan a simplemente deixar morrer aos que naufragan.

O goberno español denegou o permiso de navegación ós buques “Aita Mari” e “Open Arms” quen, a pesar de non ter nas súas mans a solución global do conflicto néganse a permanecer impasibles ante tanto sufrimento e morte.

 

Tripulación do Aita Mari junto con Xosé Abad, coordinador de Acampa, na Coruña

Marco Martínez explicaba durante o seu desembarco na Coruña “durante este tempo seis pateras foron localizadas polos  autoproclamados gardacostas Libios ou por buques mercantes que devolveron á súa tripulación ao país norteafricano, un lugar onde agora mesmo non existe Estado, onde se vulneran os dereitos humanos e é habitual o tráfico de persoas, realizando unha devolución en quente algo totalmente prohibido”.
“Neste tempo tamén morreron 152 persoas afogadas mentres trataban de chegar a Europa desde Libia”. As pateras seguen a botarse á mar aínda que se suspendan as operacións de rescate, non é unha decisión pasaxeira a das persoas que deciden emprender esta travesía.
Marco tamén recalca que estas persoas teñen un dereito adquirido polo feito de ser naúfragos, ademais de  migrantes. Os estados están obrigados a cumprir coa lexislación internacional que obriga a socorrer a aquelas persoas cuxa embarcación zozobra e a non deixalas morrer no mar.
Tal e como apuntaba Xosé Abad, coordinador de Acampa, fronte ao  Aita Mari “Seis persoas ao día morren afogadas no Mediterráneo, nós non entendemos como se pode consentir isto. Pero aínda menos entendemos que se impida traballar ós queren salvar vidas”.
O ano pasado rexistrouse un descenso moi importante nas chegadas a Europa por mar, feito que contradi ás voces populistas que queren sementar a desconfianza falando de desbordamento, foi de feito o ano con menos chegadas do últimos cinco.
Con todo, rexistrouse un considerable aumento da mortalidade nas rutas migratorias debido en parte ás políticas migratorias dalgúns países da UE que provocaron que numerosas persoas permanezan no mar varadas, días e días, á espera dun porto seguro no que desembarcar. A outra opción é que sexan devoltas de forma ilegal a países norteafricanos onde viven en condicións deplorables en centros de detención, son vítimas de abusos, torturas e redes de tráfico de seres humanos. A última opción e á que lles estamos abocando, é perecer no mar e no esquecemento, coma se nunca existisen.

 

Cal é a escusa do noso goberno para bloquear as tarefas de salvamento humanitario?
“Afirman que o  Aita Mari só ten capacidade para navegar con 20 persoas a bordo pero unha cousa é o despacho e outra cousa son os  naúfragos que se poden levar nun barco, nós temos capacidade para 120  naufrágos”
Os verdadeiros motivos son políticos e residen na necesidade do goberno español en presionar aos gobernos de Italia e Malta para que posibiliten o desembarco no porto seguro máis próximo á zona do naufraxio.
“Acampa  pola paz e ou  dereito  ó  refuxo” son os embaixadores do “ Aita Mari” na Coruña, no inicio desta xira por varios portos españois na que se pretende informar á cidadanía dos feitos que están a ocorrer, das políticas criminais do noso goberno e solicitar todo o apoio que sexa posible para poñer fin a esta situación.
Esta tarde, ás 19:30, en casa Museo Casares Quiroga, Marco Martínez responderá a moitas máis preguntas e permitiranos coñecer máis fondo os detalles desta inxustiza.