{"id":37032,"date":"2018-06-06T10:15:31","date_gmt":"2018-06-06T08:15:31","guid":{"rendered":"http:\/\/rede.acampa.eu\/manifiesto-acampa-2018-no-tienen-rostro-ni-conciencia\/"},"modified":"2018-06-07T10:33:16","modified_gmt":"2018-06-07T08:33:16","slug":"manifiesto-acampa-2018-no-tienen-rostro-ni-conciencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/manifiesto-acampa-2018-no-tienen-rostro-ni-conciencia\/","title":{"rendered":"Manifesto Acampa 2018: No tienen rostro ni conciencia"},"content":{"rendered":"<h2>Non te\u00f1en rostro nin conciencia<\/h2>\n<p>Vivimos nun mundo e nun tempo en que cada d\u00eda nos falan de globalizaci\u00f3n, como eufemismo dun modelo econ\u00f3mico agresivo e desapiadado. Pouco e pouco, unha minor\u00eda silenciosa e poderosa foise facendo co control da econom\u00eda, a tecnolox\u00eda, a investigaci\u00f3n e dereitos tan vitais como a sa\u00fade, a educaci\u00f3n, o territorio, a enerx\u00eda e a auga. <strong>Son as grandes corporaci\u00f3ns transnacionais, amparadas por gobernos amigos e o control case absoluto da informaci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Non te\u00f1en rostro nin conciencia,<\/strong> e non permiten que os organismos internacionais act\u00faen para impedir o sufrimento da maior parte da humanidade. Non perden o sono se o planeta arde ou seca, se se dese\u00f1an guerras para acaparar recursos, se se asasina xente inocente ou mill\u00f3ns de persoas te\u00f1en que fuxir da s\u00faa casa e da s\u00faa terra.<\/p>\n<p>A raz\u00f3n explicouna moi ben Rodrigo Rato, o que foi director xerente do Fondo Monetario Internacional e vicepresidente do Goberno espa\u00f1ol con Jos\u00e9 M.\u00aa Aznar: \u00ab\u00e9 o mercado, amigo\u00bb.<\/p>\n<p>Como facer fronte a unha estrutura tan ben constru\u00edda? Que podemos facer a maior\u00eda da humanidade para recuperar o control do planeta e das nosas vidas? S\u00f3 unha cousa: sumar forzas e actuar. Tomarmos conciencia da nosa capacidade colectiva e sermos quen de dicir <em><strong>\u00abbasta!\u00bb<\/strong><\/em>.<\/p>\n<p><strong>Acampa pola paz e o dereito a refuxio naceu para traballar nesta direcci\u00f3n: a unidade de acci\u00f3n de organizaci\u00f3ns e cidadan\u00eda fronte ao desamparo en que os Estados actuais deixan a familias que solicitan un dereito elemental, o dereito a refuxio<\/strong>. Persoas que escapan das consecuencias das pol\u00edticas agresivas e inhumanas de grandes corporaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Polo noso propio interese, debemos responder solidariamente e esixir que se respecten os dereitos humanos en todo o planeta. Se permitimos que se violen os dereitos dos que chaman \u00e1 nosa porta, o paso seguinte ser\u00e1 perder os nosos, como xa est\u00e1 sucedendo.<\/p>\n<p>Neste segundo ano de vida de Acampa pola paz e o dereito a refuxio, queremos afondar nunha cuesti\u00f3n grave, urxente e non reco\u00f1ecida por ning\u00fan Goberno: o dereito a refuxio por cambio clim\u00e1tico.<\/p>\n<p><strong>Segundo os informes da ONU, nos pr\u00f3ximos trinta anos o n\u00famero de persoas que van necesitar refuxio por cambio clim\u00e1tico pode oscilar entre 250 e 1000 mill\u00f3ns.<\/strong> A maior\u00eda ser\u00e1n desprazados no seu propio territorio e uns poucos, os que te\u00f1an m\u00e1is recursos, poder\u00e1n intentar cambiar de pa\u00eds.<\/p>\n<p>Podemos pechar os ollos ou tomar a iniciativa; podemos facelo agora ou esperar un tempo que pode ser irreversible. Vela\u00ed a decisi\u00f3n persoal e colectiva.<\/p>\n<p>A gran maior\u00eda de organizaci\u00f3ns e persoas que conforman a Rede Acampa act\u00faan d\u00eda a d\u00eda sobre o terreo e saben moi ben do que estamos a falar. Con iniciativas como Acampa pola paz e o dereito a refuxio estamos po\u00f1endo o noso gran de area, tratando de contrastar a informaci\u00f3n, buscando e propo\u00f1endo alternativas, estamos sumando forzas.<\/p>\n<p>Para darmos o seguinte paso, necesitamos de todas as mans e conciencias.<\/p>\n<p><a href=\"\/\"><strong>Acampa 2018<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non te\u00f1en rostro nin conciencia Vivimos nun mundo e nun tempo en que cada d\u00eda nos falan de globalizaci\u00f3n, como eufemismo dun modelo econ\u00f3mico agresivo e desapiadado. Pouco e pouco, unha minor\u00eda silenciosa e poderosa foise facendo co control da econom\u00eda, a tecnolox\u00eda, a investigaci\u00f3n e dereitos tan vitais como a sa\u00fade, a educaci\u00f3n, o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":36964,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[25],"tags":[],"class_list":["post-37032","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37032","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37032"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37032\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/36964"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37032"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37032"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37032"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}