{"id":37652,"date":"2020-10-28T16:41:57","date_gmt":"2020-10-28T15:41:57","guid":{"rendered":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/?p=37652"},"modified":"2020-10-28T16:41:57","modified_gmt":"2020-10-28T15:41:57","slug":"a-formula-de-acampa-pola-paz-e-o-dereito-a-refuxio-sorprende-no-foro-social-americas-de-las-migraciones","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/a-formula-de-acampa-pola-paz-e-o-dereito-a-refuxio-sorprende-no-foro-social-americas-de-las-migraciones\/","title":{"rendered":"A F\u00d3RMULA DE ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO SORPRENDE NO FORO SOCIAL AM\u00c9RICAS DE LAS MIGRACIONES"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>O relatorio no que traballou a Rede Internacional Acampa reflexionou sobre a migraci\u00f3n como un dereito humano e a necesidade de articular pol\u00edticas p\u00fablicas e de protecci\u00f3n social para as persoas refuxiadas, migrantes e ap\u00e1tridas<\/em><\/li>\n<li><em>Neste \u00a0encontro mundial celebrado en Montevideo participaron as representantes de Acampa Brasil C\u00e9lia Regina Rossi e Carmem Blanco<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>A f\u00f3rmula coa que se xestou a Rede <em>Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio<\/em> (nada no ano 2016 na Coru\u00f1a) e o seu tr\u00e1nsito nestes catro anos de vida ata a realidade internacional que \u00e9 hoxe, sorprendeu no Foro\u00a0 Social Am\u00e9ricas de las Migraciones celebrado a pasada semana en Montevideo, Uruguai. As representantes de Acampa no encontro mundial, a coordinadora da rede <em>Acampa<\/em> en Brasil, C\u00e9lia Regina Rossi, e a sua compa\u00f1eira no equipo xestor Carmem Blanco, participaron nun dos relatorios deste foro, o dedicado \u00e1 migraci\u00f3n como un dereito humano e a necesidade de articular pol\u00edticas p\u00fablicas e de protecci\u00f3n social para as persoas refuxiadas, migrantes e ap\u00e1tridas. \u00a0A coordinadora uruguaia do Foro eloxiou o traballo que est\u00e1 a manter a rede na defensa dos Dereitos Humanos e destacou a f\u00f3rmula de actuaci\u00f3n desta iniciativa, que suma no seu seo a unha chea de organizaci\u00f3ns, partidos pol\u00edticos, entidades, sindicatos e particulares baixo ese paraugas com\u00fan, a comprensi\u00f3n dos fluxos migratorios e dos movementos na busca de refuxio e a esixencia do cumprimento e ampliaci\u00f3n das normas internacionais de asilo.<\/p>\n<p>Neste encontro internacional, as representantes de <em>Acampa<\/em> presentaron o papel da rede e os seus obxectivos as\u00ed como a s\u00faa forma de traballar, sumando sinerxias das organizaci\u00f3ns, colectivos e particulares que integran a s\u00faa estrutura. Ao tempo, aproveitaron\u00a0 o marco do Foro Social para convidar a todos os pa\u00edses a sumarse a <em>Acampa pola Paz o o Dereito a Refuxio<\/em> tal e como fixo Brasil no seu momento, e tecer as\u00ed unha rede xigante tanto en Latinoam\u00e9rica coma no resto do mundo a prol dos Dereitos Humanos.<\/p>\n<p>Neste Foro Social Am\u00e9ricas de las Migraciones suscribiuse un documento a revisar no seguinte encontro que ter\u00e1 lugar o ano que v\u00e9n no continente africano, na cidade de Tunes. Nel se comprometeron a levar adiante una campa\u00f1a p\u00fablica baixo o lema \u201cAm\u00e9rica Latina no es xen\u00f3foba, Am\u00e9rica Latina es racista\u201d, partindo das voces dos migrantes e refuxiados racializados, que incida en c\u00f3mo \u00e9 a vida e c\u00f3mo son vulnerados os dereitos polo racismo estructural da sociedade. Ao tempo, reclamar a portabilidade dos dereitos dos migrantes e refuxiados en base aos tratados internacionais, rexionais, e nacionais. Tam\u00e9n o compromiso a xerar acci\u00f3ns con impacto nas pol\u00edticas p\u00fablicas cun enfoque intersectorial para dar protecci\u00f3n a todos os grupos de migrantes e refuxiados vulnerables (persoas racializadas, pobos tradicionais, mulleres e cativos, personas LGTBTQI, discapacitados e persoas portadoras de enfermidades) antes, durante e despois da migraci\u00f3n.<\/p>\n<p>O FSAM forma parte do Foro Social Mundial das Migraci\u00f3ns (FSMM), un movemento plural e diversificado, non gobernamental, que se define como espazo, \u201cun proceso, non un evento\u201d, para compartir experiencias, estudos, denuncias, acci\u00f3ns pol\u00edticas e propostas sobre as migraci\u00f3ns ao longo do mundo. A s\u00faa finalidade \u00e9 estender a todos os pa\u00edses e a toda a sociedade a preocupaci\u00f3n polas migraci\u00f3ns e a necesidade de constru\u00edr un gran movemento mundial de defensa dos dereitos das persoas migrantes. O primeiro FSMM celebrouse en Brasil (2005) e nel acu\u00f1ouse \u00a0a co\u00f1ecida expresi\u00f3n \u201coutro mundo \u00e9 posible!\u201d. Desde ent\u00f3n realizouse en diferentes pa\u00edses do mundo, entre eles Espa\u00f1a (2006\/2008).<\/p>\n<p><strong>Espolio<\/strong><\/p>\n<p>Alg\u00fans dos temas que se trataron no Foro de Montevideo tam\u00e9n foron tem\u00e1tica central nos encontros internacionais organizados por <em>Acampa<\/em> nos \u00faltimos anos na cidade da Coru\u00f1a. En cada edici\u00f3n, <em>Acampa pola paz e o Dereito a Refuxio<\/em> pon o foco nalg\u00fan aspecto concreto que est\u00e1 detr\u00e1s dos desprazamentos forzosos das persoas. En 2017, a primeira edici\u00f3n, foi a crise dos refuxiados de guerra, acheg\u00e1ndonos ao drama sirio; en 2018 centrouse nas migraci\u00f3ns derivadas do cambio clim\u00e1tico, e en 2019 apuntou ao drama espec\u00edfico das mulleres refuxiadas. Este ano 2020, o tema central das actividades da rede \u00e9 o espolio econ\u00f3mico como causa de moitos deses desprazamentos forzosos.<\/p>\n<p>Por mor da pandemia do coroavirus, <em>Acampa<\/em> viuse obrigada a pospo\u00f1er o seu evento m\u00e1is importante, o encontro internacional anual, previsto para o pasado mes de xu\u00f1o no centro da cidade coru\u00f1esa. A pesar da situaci\u00f3n actual e, en estreita colaboraci\u00f3n con <em>Acampa Brasil<\/em>, celebr\u00e1ronse os meses de xullo e agosto senllos encontros en li\u00f1a na que expertos en materia de espolio contaron a dura realidade que est\u00e1n a vivir as comunidades ind\u00edxenas daquel pa\u00eds, cercados ou expulsados dos seus territorios por empresas, multinacionais e gobernos que est\u00e1n a esquilmar a Amazon\u00eda e outras \u00e1reas de biodiversidade imprescindibles, atendendo aos intereses econ\u00f3micos das grandes madeireiras, explotaci\u00f3ns gandeiras e industrias de extracci\u00f3ns mineiras.<\/p>\n<p>A <em>Rede Acampa<\/em> \u00e9 un movemento sen fins de lucro que naceu en Galicia no ano 2016 co obxectivo de defender os Dereitos Humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio. \u00c9 unha rede transversal da que forman parte m\u00e1is de sesenta colectivos sociais, culturais, educativos, veci\u00f1ais, pol\u00edticos e sindicais, ademais de instituci\u00f3ns e empresas con responsabilidade social da cidade e do resto do pa\u00eds. Unha gran maior\u00eda desas organizaci\u00f3ns son ONG que traballan in situ coas persoas refuxiadas en todo o mundo, desde Open Arms, Save The Children ou M\u00e9dicos Sen Fronteiras, ata Amnist\u00eda Internacional, Oxfam Intermon ou Greenpeace. Con vocaci\u00f3n universal e en s\u00f3 catro anos, o movemento conseguiu replicarse en distintos puntos: Brasil, Madrid\u2026e actualmente est\u00e1 en proceso de construcci\u00f3n en Lisboa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O relatorio no que traballou a Rede Internacional Acampa reflexionou sobre a migraci\u00f3n como un dereito humano e a necesidade de articular pol\u00edticas p\u00fablicas e de protecci\u00f3n social para as persoas refuxiadas, migrantes e ap\u00e1tridas Neste \u00a0encontro mundial celebrado en Montevideo participaron as representantes de Acampa Brasil C\u00e9lia Regina Rossi e Carmem Blanco A f\u00f3rmula [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":37647,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[25],"tags":[92,88,89,65,50,66,87,62,91,90,64,63,93],"class_list":["post-37652","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-cambio-climatico-gl","tag-dereito-a-refuxio","tag-dereito-de-asilo","tag-dereitos-humanos","tag-espolio","tag-inmigracion-gl","tag-inmigrantes","tag-migracions","tag-organizacions-humanitarias","tag-papeis-para-todos","tag-refuxiadas","tag-refuxiados","tag-regularizacion-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37652"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37652\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/37647"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}