{"id":38334,"date":"2022-06-03T10:00:51","date_gmt":"2022-06-03T08:00:51","guid":{"rendered":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/?p=38334"},"modified":"2022-06-02T16:31:34","modified_gmt":"2022-06-02T14:31:34","slug":"a-escola-municipal-de-musica-da-coruna-sumase-ao-programa-do-vi-encontro-internacional-acampa-pola-paz-ofrecendo-este-domingo-un-concerto-nos-xardins","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/a-escola-municipal-de-musica-da-coruna-sumase-ao-programa-do-vi-encontro-internacional-acampa-pola-paz-ofrecendo-este-domingo-un-concerto-nos-xardins\/","title":{"rendered":"A ESCOLA MUNICIPAL DE M\u00daSICA DA CORU\u00d1A S\u00daMASE AO PROGRAMA DO VI ENCONTRO INTERNACIONAL ACAMPA POLA PAZ OFRECENDO ESTE DOMINGO UN CONCERTO NOS XARD\u00cdNS"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Distintas agrupaci\u00f3ns musicais de alumnos do citado centro ofrecer\u00e1n un concerto \u00e1s 12.30 horas, como antesala do que ser\u00e1 o Encontro Internacional que dar\u00e1 comezo o xoves \u00e1s 10.30 horas<\/em><\/li>\n<li><em>\u00a0Baixo o lema \u201cFame e Refuxio\u201d a cidade acoller\u00e1 entre o 9 e o 11 de xu\u00f1o a sexta edici\u00f3n do Encontro Internacional, unha proposta reflexiva que ser\u00e1 posible grazas ao financiamento do Concello coru\u00f1\u00e9s, o apoio da Deputaci\u00f3n Provincial e a Universidade coru\u00f1esa xunto con outros patrocinios e colaboraci\u00f3ns. Exposici\u00f3ns fotogr\u00e1ficas, charlas con especialistas e activistas internacionais, proxecci\u00f3ns cinematogr\u00e1ficas e unha infinidade de actividades m\u00e1is conforman o programa desta cita ineludible coa defensa dos Dereitos Humanos<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>Hai algo mellor que empezar con m\u00fasica? A\u00a0 Rede Acampa\u00a0 pola Paz e o\u00a0 Dereito a\u00a0 Refuxio segue sumando apoios. Nesta ocasi\u00f3n \u00e9 a Escola Municipal de M\u00fasica da Coru\u00f1a a que achega o seu gran de area \u00e1 cita internacional que por sexto ano converter\u00e1 \u00e1 cidade nun porto refuxio dos Dereitos Humanos.<\/p>\n<p>A catro d\u00edas vista de que o VI Encontro Internacional Acampa pola Paz sexa inaugurado, a Escola de M\u00fasica -pola que pasaron ao longo destes anos miles de coru\u00f1eses- ofrecer\u00e1 este domingo, \u00e1s 12.30 horas, un concerto nos Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez, no emblem\u00e1tico Palco da M\u00fasica. A esa hora actuar\u00e1n varias das agrupaci\u00f3ns musicais de Moderna e Latina conformadas por alumnos da citada Escola Municipal.<\/p>\n<p><strong>\u201cRefuxio e Vivenda\u201d, actividade de sensibilizaci\u00f3n da\u00a0 OCV<\/strong><\/p>\n<p>Outra das actividades que se incorporan ao programa do VI Encontro Internacional Acampa pola Paz \u00e9 a que desenvolver\u00e1 o primeiro d\u00eda do encontro, 9 de xu\u00f1o, a Oficina de Cooperaci\u00f3n e Voluntariado da Universidade da Coru\u00f1a, instituci\u00f3n que v\u00e9n colaborando coa Rede Acampa neste evento anual desde fai varias edici\u00f3ns. Nesta ocasi\u00f3n, a\u00a0\u00a0 OCV desenvolver\u00e1 unha actividade de sensibilizaci\u00f3n baixo o lema \u201cRefuxio e Vivenda\u201d. Ser\u00e1 entre as 12 e as 14 horas do xoves, nos Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez.<\/p>\n<p>O Voluntariado da UDC tratar\u00e1 de sensibilizar \u00e1 poboaci\u00f3n sobre os distintos conflitos esquecidos a\u00ednda que activos en todo o mundo, e sobre como as persoas que foxen deses conflitos deben solicitar refuxio noutros pa\u00edses nos que, con frecuencia ven vulnerados os seus dereitos, principalmente o do acceso \u00e1 vivenda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Distintas agrupaci\u00f3ns musicais de alumnos do citado centro ofrecer\u00e1n un concerto \u00e1s 12.30 horas, como antesala do que ser\u00e1 o Encontro Internacional que dar\u00e1 comezo o xoves \u00e1s 10.30 horas \u00a0Baixo o lema \u201cFame e Refuxio\u201d a cidade acoller\u00e1 entre o 9 e o 11 de xu\u00f1o a sexta edici\u00f3n do Encontro Internacional, unha proposta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":38335,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[103,88,89,65,98,220,226,172,166,165,64,63],"class_list":["post-38334","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-presentacios","tag-a-coruna","tag-dereito-a-refuxio","tag-dereito-de-asilo","tag-dereitos-humanos","tag-desprazamientos-forzosos","tag-fame","tag-fame-e-refuxio","tag-migrantes-gl","tag-persoas-migrantes","tag-persoas-refuxiadas","tag-refuxiadas","tag-refuxiados"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38334","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=38334"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38334\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":38338,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38334\/revisions\/38338"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/38335"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=38334"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=38334"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=38334"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}