{"id":38356,"date":"2022-06-08T21:54:27","date_gmt":"2022-06-08T19:54:27","guid":{"rendered":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/?p=38356"},"modified":"2022-06-08T21:54:27","modified_gmt":"2022-06-08T19:54:27","slug":"a-activista-india-vandana-shiva-e-o-xornalista-rafael-poch-falaran-sobre-as-causas-da-inseguridade-alimentaria-no-mundo-no-encontro-internacional-acampa-a-coruna-2022-fame-e-refuxio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/a-activista-india-vandana-shiva-e-o-xornalista-rafael-poch-falaran-sobre-as-causas-da-inseguridade-alimentaria-no-mundo-no-encontro-internacional-acampa-a-coruna-2022-fame-e-refuxio\/","title":{"rendered":"A ACTIVISTA INDIA VANDANA SHIVA E O XORNALISTA RAFAEL POCH FALAR\u00c1N SOBRE AS CAUSAS DA INSEGURIDADE ALIMENTARIA NO MUNDO NO ENCONTRO INTERNACIONAL ACAMPA A CORU\u00d1A 2022 \u201cFAME E REFUXIO\u201d"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Shiva, Premio Nobel Alternativo, que intervir\u00e1 en li\u00f1a desde a India, \u00e9 unha reco\u00f1ecida activista socioambiental e fil\u00f3sofa da ciencia, promotora dun gran n\u00famero de iniciativas que abordan os problemas ecol\u00f3xicos e sociais do noso tempo<\/em><\/li>\n<li><em>O programa da xornada incl\u00fae outra charla sobre \u201cMigraci\u00f3ns e Cultura Alimentaria\u201d con Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, e Janaina Strozake, do MST (Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra, de Brasil). Tam\u00e9n a presentaci\u00f3n do libro \u201cA memoria do esquecemento\u201d de M\u00e9dicos Sen Fronteiras, un percorrido a trav\u00e9s das imaxes do fotoxornalista Juan Carlos Tomasi polas crises humanitarias esquecidas; \u00a0e mais a proxecci\u00f3n do curto \u201cO monstro invisible\u201d dos irm\u00e1ns Guillermo e Javier Fesser, que trata o tema da desnutrici\u00f3n infantil que sofren case 150 mil nenos e nenas no mundo, con coloquio posterior con Guillermo Fesser<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>A activista ecofeminista india <strong>Vandana Shiva<\/strong> e o xornalista e profesor <strong>Rafael Poch<\/strong> ser\u00e1n os protagonistas do acto central de ma\u00f1\u00e1 venres, d\u00eda10, no Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio que se desenvolve estes d\u00edas nos Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez da Coru\u00f1a. Ambos convidados centrar\u00e1n as s\u00faas intervenci\u00f3ns (19.30 horas &#8211; carpa central) na an\u00e1lise das causas da fame no mundo, tema da edici\u00f3n deste ano. O programa da xornada incl\u00fae outras propostas, como a presentaci\u00f3n do libro \u201cA memoria do esquecemento\u201d de M\u00e9dicos Sen Fronteiras: un percorrido a trav\u00e9s das imaxes do fotoxornalista <strong>Juan Carlos Tomasi<\/strong> polas crises humanitarias \u201cesquecidas\u201d que arrasan desde hai anos a pa\u00edses, sobre todo, de \u00c1frica, Asia e Am\u00e9rica Latina. Tam\u00e9n xirar\u00e1 ao redor da inseguridade alimentaria a proxecci\u00f3n do documental \u201cO monstro invisible\u201d, dos irm\u00e1ns Guillermo e Javier Fesser, que aborda a desnutrici\u00f3n infantil.<\/p>\n<p>Vandana Shiva, que intervir\u00e1 en li\u00f1a desde a India, \u00e9 unha reco\u00f1ecida activista socioambiental e fil\u00f3sofa da ciencia, promotora dun gran n\u00famero de iniciativas que abordan os problemas ecol\u00f3xicos e sociais do noso tempo; entre outros, Navdanya, un movemento nacional para a protecci\u00f3n da diversidade e a integridade dos seres vivos, especialmente as sementes aut\u00f3ctonas. Vandana Shiva, defensora do comercio xusto, combina a investigaci\u00f3n co activismo. A revista Time nomeouna en 2003 \u201chero\u00edna ambiental\u201d e Asia Week consid\u00e9raa unha das sete mulleres m\u00e1is poderosas do mundo. \u00c9 Premio Global 500 da ONU e Premio Internacional do D\u00eda da Terra. En 1993 obtivo o chamado Premio Nobel alternativo.<\/p>\n<p>Rafael Poch \u00e9 xornalista e escritor. Est\u00e1 especializado en pol\u00edtica internacional, Rusia, Alema\u00f1a e China. Foi durante m\u00e1is de tres d\u00e9cadas correspondente en Moscova e Pequ\u00edn. \u00c9 autor de varios libros sobre Rusia e China e foi profesor de Relaci\u00f3ns Internacionais na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e a UNED. \u201cA invasi\u00f3n de Ucra\u00edna\u201d \u00e9 unha das s\u00faas \u00faltimas publicaci\u00f3ns. A mesa estar\u00e1 moderada polo xornalista <strong>Guillermo Fesser<\/strong> (Gomaespuma e El Intermedio).<\/p>\n<p>\u201cMigraci\u00f3ns e Cultura Alimentaria\u201d \u00e9 o t\u00edtulo doutra charla que ter\u00e1 lugar \u00e1s 11 horas no Quiosco Alfonso e que correr\u00e1 a cargo de <strong>Isabel Vilalba<\/strong>, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego desde 2012 e activista destacada en traballos en V\u00eda Campesi\u00f1a a nivel europeo e mundial, e mais a representante do MST (Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra, de Brasil), <strong>Janaina Strozake<\/strong>, historiadora e investigadora en temas de Reforma Agraria, soberan\u00eda alimentaria e conflito entre vida e capital.<\/p>\n<p><strong>\u201cO monstro invisible\u201d e coloquio con Fesser<\/strong><\/p>\n<p>Na presentaci\u00f3n do libro \u201cA memoria do esquecemento\u201d (13 horas &#8211; carpa central) estar\u00e1 Juan Carlos Tomasi, o fot\u00f3grafo que asina as imaxes da publicaci\u00f3n editada para conmemorar o 50 aniversario da ONG M\u00e9dicos Sen Fronteiras, ao que acompa\u00f1ar\u00e1 a tam\u00e9n fotoxornalista <strong>Anna Surinyach<\/strong>, editora gr\u00e1fica da Revista 5W. A proxecci\u00f3n do curto \u201cO monstro invisible\u201d ser\u00e1 \u00e1s 18 horas, na carpa central, e ir\u00e1 seguida dun coloquio con <strong>Guillermo Fesser.<\/strong> O audiovisual \u00e9 unha chamada de atenci\u00f3n sobre o problema da desnutrici\u00f3n infantil que afecta a m\u00e1is de 149 mill\u00f3ns menores en todo o mundo. Est\u00e1 protagonizado por Aminodin e Alim\u00e1n, dous nenos filipinos que, a pesar de traballar nun vertedoiro ou vivir nun campo de desprazados, non perden o sorriso.<\/p>\n<p>O programa da segunda xornada do Encontro Internacional incl\u00fae tam\u00e9n unha visita guiada \u00e1 exposici\u00f3n fotogr\u00e1fica Globesity, \u00e1s 16.30 horas, da man da s\u00faa autora, a fot\u00f3grafa documental italiana <strong>Silvia Landi, <\/strong>que mira cara \u00e1 obesidade.<\/p>\n<p>As visitas guiadas polo campo de interpretaci\u00f3n da fame, a instalaci\u00f3n ao redor da que se desenvolven todas as actividades deste Acampa 2022, ser\u00e1n \u00e1s 11.30 e 16.30 horas, da man de <strong>Marga Gonz\u00e1lez<\/strong>, de Amnist\u00eda Internacional Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Shiva, Premio Nobel Alternativo, que intervir\u00e1 en li\u00f1a desde a India, \u00e9 unha reco\u00f1ecida activista socioambiental e fil\u00f3sofa da ciencia, promotora dun gran n\u00famero de iniciativas que abordan os problemas ecol\u00f3xicos e sociais do noso tempo O programa da xornada incl\u00fae outra charla sobre \u201cMigraci\u00f3ns e Cultura Alimentaria\u201d con Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":38359,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[103,88,89,65,98,220,226,66,166,165,64,63],"class_list":["post-38356","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-presentacios","tag-a-coruna","tag-dereito-a-refuxio","tag-dereito-de-asilo","tag-dereitos-humanos","tag-desprazamientos-forzosos","tag-fame","tag-fame-e-refuxio","tag-inmigracion-gl","tag-persoas-migrantes","tag-persoas-refuxiadas","tag-refuxiadas","tag-refuxiados"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38356","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=38356"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38356\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":38361,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38356\/revisions\/38361"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/38359"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=38356"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=38356"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=38356"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}