{"id":38954,"date":"2024-05-08T12:31:22","date_gmt":"2024-05-08T10:31:22","guid":{"rendered":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/?p=38954"},"modified":"2024-05-08T12:31:22","modified_gmt":"2024-05-08T10:31:22","slug":"acampa-pola-paz-convoca-a-todo-o-tecido-social-politico-e-cultural-da-cidade-para-organizar-un-acto-unitario-en-repulsa-polo-masacre-en-gaza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/acampa-pola-paz-convoca-a-todo-o-tecido-social-politico-e-cultural-da-cidade-para-organizar-un-acto-unitario-en-repulsa-polo-masacre-en-gaza\/","title":{"rendered":"ACAMPA POLA PAZ CONVOCA A TODO O TECIDO SOCIAL, POL\u00cdTICO E CULTURAL DA CIDADE PARA ORGANIZAR UN ACTO UNITARIO EN REPULSA POLO MASACRE EN GAZA"},"content":{"rendered":"<p><em>Esta acci\u00f3n aglutinadora ter\u00e1 lugar diante do Memorial pola infancia asasinada que se levantar\u00e1 nos xard\u00edns durante o Encontro Internacional de xu\u00f1o na Coru\u00f1a<\/em><\/p>\n<p><em>O n\u00famero de mortes contin\u00faa crecendo. Miles de nenos e nenas palestinas perderon a vida baixo as bombas de Israel, nunha franxa, a de Gaza, na que non hai sitio ao que escapar, no que agocharse. A eles s\u00famanse tam\u00e9n miles de orfos e orfas, unha infancia marcada para sempre \u00e1 que se lle roubou o seu dereito para ser nenos. <\/em><\/p>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 8 de maio de 2024.-<\/strong>\u00a0 Sen bandeiras nin m\u00e1is cores que os da humanidade que se resiste a ser convidada de pedra diante do masacre de miles de nenos e nenas. Acampa pola Paz quere convocar a toda esa cidadan\u00eda que desde o pasado outubro v\u00e9n vendo, en prime time, a trav\u00e9s das s\u00faas pantallas de televisi\u00f3n, medios e redes sociais, a destruci\u00f3n do pobo palestino para que, a trav\u00e9s dese simb\u00f3lico minuto de silencio, grite cunha soa voz: Nin unha morte m\u00e1is. <strong><u>Para organizar esta acci\u00f3n unitaria<\/u><\/strong> convoca a todo o tecido social, pol\u00edtico e cultural da Coru\u00f1a e de todo a s\u00faa contorna a unha <strong><u>reuni\u00f3n<\/u><\/strong> que ter\u00e1 lugar <strong><u>ma\u00f1\u00e1 xoves, \u00e1s 19 horas, no Quiosco Alfonso da Coru\u00f1a<\/u><\/strong>. Tr\u00e1tase de po\u00f1er en com\u00fan e organizar, entre todos, ese acto aglutinador que ter\u00e1 lugar no marco do Encontro Internacional Acampa pola Paz dedicado \u00e1 \u201cInfancia e a Mocidade refuxiada\u201d.<\/p>\n<p>A idea \u00e9 coordinar unha concentraci\u00f3n masiva que ter\u00e1 lugar o domingo, 9 de xu\u00f1o, \u00e1s 12 do mediod\u00eda, diante do Memorial \u00e1 infancia asasinada que, de maneira colaborativa, construirase nos Xard\u00edns como espazo de reflexi\u00f3n colectiva. Un Memorial que, a\u00ednda que po\u00f1a o foco en Gaza e nesas m\u00e1is de 14.000 v\u00edtimas inocentes, representar\u00e1 tam\u00e9n a todos eses nenos e nenas asasinados nos m\u00e1is de cincuenta conflitos armados que actualmente est\u00e1n activos no mundo.<\/p>\n<p>Para a elaboraci\u00f3n do Memorial Acampa, a organizaci\u00f3n tam\u00e9n fai un chamamento para conseguir toda a colaboraci\u00f3n posible, tanto na doaz\u00f3n de material (sabas brancas) como para a execuci\u00f3n dos elementos que, a modo de pequenas mortaxas, envolverano. Un titorial fai moi sinxela a construci\u00f3n das citadas pezas. Calquera que estea interesado en axudar pode contactar con Acampa en loxistica@redeacampa.org<\/p>\n<p>O Memorial, que durante os d\u00edas 7, 8 e 9 de xu\u00f1o permanecer\u00e1 nos Xard\u00edns, ser\u00e1 o s\u00edmbolo da resistencia cidad\u00e1 fronte \u00e1 barbarie, e da s\u00faa loita pola dignidade e a humanidade. Diante del, o silencio de toda a sociedade civil da Coru\u00f1a demostrar\u00e1 o seu rexeitamento e presionar\u00e1 a quen, desde os seus \u00e1mbitos de poder respectivos, est\u00e1n a axudar a perpetuar esta traxedia para que sentan xulgados. A voz da cidadan\u00eda marcar\u00e1 as\u00ed unha clara li\u00f1a vermella aos seus gobernantes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta acci\u00f3n aglutinadora ter\u00e1 lugar diante do Memorial pola infancia asasinada que se levantar\u00e1 nos xard\u00edns durante o Encontro Internacional de xu\u00f1o na Coru\u00f1a O n\u00famero de mortes contin\u00faa crecendo. Miles de nenos e nenas palestinas perderon a vida baixo as bombas de Israel, nunha franxa, a de Gaza, na que non hai sitio ao [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":25,"featured_media":38874,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[25],"tags":[],"class_list":["post-38954","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38954","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/25"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=38954"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38954\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":38955,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/38954\/revisions\/38955"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/38874"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=38954"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=38954"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blog.redeacampa.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=38954"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}