O sábado celebrouse unha reunión informativa para as organizacións sociais que forman parte da rede ACAMPA. A reunión tivo lugar no local de Amnistía Internacional de 11:00 a 12:30.

Tratáronse diversos temas relacionados coa organización de ACAMPA. Primeiramente, falouse das novidades:

  • O número de tendas institucionais inscritas a día de hoxe, que son 24.
  • Anúnciase que a rolda de prensa terá lugar o xoves 18 de maio ás 11:00 am en fronte do Quiosco Alfonso. Convidámoslles a asistir.
  • ACAMPA únese ao manifesto da concentración que terá lugar en Madrid o 17 de xuño, reclamando a acollida dos refuxiados.

Ademais, descríbese en que consiste a actividade que propoñemos desde ACAMPA para as actividades sociais: «Mesa redonda construíndo unha rede».

Así mesmo, fálase das necesidades concretas de voluntariado para a realización do evento, así como das posibles necesidades. Na páxina web de ACAMPA engadirase unha pestana específica para voluntariado.

Finalmente, preséntanse as bases para a acampada de tendas institucionais.

Comparte esta entrada