O 22 de mayo, Acampa, en colaboración coa sala Mardi Gras, , organizamos un marabilloso Concerto de Música e Arte en directo co obxectivo común de realizar accións de difusión a favor da arte e os dereitos humanos e, co recadado, apoiar o financiamento do evento de Acampa 2018 que imos celebrar do 14 o 16 de xuño no centro da Coruña.

Contamos coa colaboración desinteresada dos artistas:
MÚSICOS: Dr. Spectro@ TheArtificieros y los DJ Epifanía&reverendo.

PINTORES: Javier de la Rosa, Eduardo Hermida y Erre (na especialidade de “ Stencyl”).

FOTÓGRAFO: Manu Ternero.

Podedes ver un vídeo deste concerto AQUÍ e o evento que lanzamos en Facebok AQUÍ.

As obras de arte doadas polos pintores xa están dispoñibles na exposición instalada no segundo andar do “@Almacenconceptstore” na rúa Olmos 7, moi preto de onde realizaremos o evento deste ano. Animádevos e pasade a ver a exposición e a levar para a casa unha das súas obras …

Moitas grazas á Sala Mardi Gras(*), a todos os músicos, pintores, fotógrafos e a todas as persoas que viñestes gozar do concerto connosco ese día. E verémonos do 14 ao 16 de xuño en “Acampa, pola paz e o dereito a refuxio por cambio climático”.

(*) Mardi Gras é membro activo de Clubtura (Asociación Gallega de Salas de Música en Vivo) y Acces (Asociación Estatal de Salas de Música en Directo).

Comparte esta entrada