Entre o 1 e o 31 de marzo estará aberto o prazo de votación para que asociados e cidadanía en xeral poidan elixir a quen dar o seu máis sonoro aplauso colectivo

As Avoas arxentinas da Praza de Maio, o presidente brasileiro Lula da Silva, a UNRWA, MSF, a Relatora Especial da ONU para os territorios palestinos ocupados, Francesca Albanese, a comunidade médico-sanitaria de Gaza, a Agrupación Cidadá pola despenalización do aborto no Salvador, a xornalista gazatí Bisam Owda, a defensora ambiental e de DDHH colombiana Yuli Velásquez, e a ICAN (Iniciativa global para a abolición das armas nucleares) son as propostas na categoría internacional

No ámbito galego rexistráronse seis candidaturas: Susana Alaniz, presidenta da Asociación Fuco Buxán, Xosé Abad, fotodocumentalista impulsor e coordinador da rede Acampa pola Paz ata este ano, o activista defensor do pobo palestino Mohamed Safa, os senegaleses Ibrahima Diack e Maggate N’Diaye, defensores do mozo asasinado Samuel Luiz, a activista Marga González, de Amnistía Internacional e a Asociación a prol dos Enfermos Mentais (APEM)

A Coruña, 27 febreiro de 2025.- Cada ano é máis difícil. Todas estas persoas e organizacións activistas na defensa dos DDHH son, sen dúbida algunha, merecedoras desde xa do noso aplauso colectivo. Este ano, os integrantes de Acampa, organizacións e asociados e asociadas particulares postularon ao Recoñecemento Acampa á defensa dos DDHH dez candidaturas na categoría internacional e seis no ámbito Galicia. Agora, o 1 de marzo, abrirase o prazo de votacións. Será sinxelo. O voto poderase exercer en liña ao longo de todo o mes, a través desta ligazón: https://redeacampa.org/gl/votacion-votacao-2025

As Avoas arxentinas da Praza de Maio, o presidente brasileiro Lula da Silva, a UNRWA, MSF, a Relatora Especial da ONU para os territorios palestinos ocupados, Francesca Albanese, a comunidade médico-sanitaria de Gaza, a Agrupación Cidadá pola despenalización do aborto no Salvador, a xornalista gazatí Bisan Owda, a defensora ambiental e de DDHH colombiana Yuli Velásquez, e a ICAN (Iniciativa global para a abolición das armas nucleares) son as propostas na categoría internacional. A información, ao detalle, de todas elas, está en  https://redeacampa.org/gl/v-reco-candidatos-internacional-2025/

No ámbito galego rexistráronse seis candidaturas: Susana Alaniz, presidenta da Asociación Fuco Buxán, Xosé Abad, fotodocumentalista impulsor e coordinador da rede Acampa pola Paz ata este ano, o activista defensor do pobo palestino Mohamed Safa, os senegaleses Ibrahima Diack e Maggate N’Diaye, defensores do mozo asasinado Samuel Luiz, a activista Marga González, de Amnistía Internacional e a Asociación a prol dos Enfermos Mentais (APEM). Para coñecer a súa traxectoria polo miúdo, https://redeacampa.org/gl/v-reco-candidatos-galicia-2025/

Desde o equipo de coordinación do Movemento Acampa agradécese de novo a complicidade dos integrantes da rede e o seu compromiso e resposta á hora de presentar candidaturas, á vez que se convida á cidadanía comprometida cos Dereitos Humanos a votar e a sumar as súas palmas a este aplauso colectivo. O acto de entrega do Recoñecemento Internacional terá lugar no marco do Encontro Internacional Acampa pola Paz que, baixo o lema “Dereito á Paz” vaise celebrar na Coruña os días 20, 21 e 22 de xuño.

 

Comparte esta entrada