Coincidindo con Acampa 2017 a revista LUZES saca un número especial, “O imperio da ruindade”, dedicado aos refuxiados e ao rearmamento global.
Contén reportaxes sobre a situación dos menores nos conflitos, as esperanzas rotas dos solicitantes de asirlo en Europa, As ruínas de Sabratha (unha viaxe mental polo conflito libio), o Kurdistán (refuxiados na súa propia terra) e informes sobre o gasto en defensa presente e proxectado nos EUA, Europa e España.
O título deste LUZES 44 é “O imperio da ruindade”.