Necesitaranse centos de sabas ou teas brancas e moitas mans e axuda para facelo realidade

Trátase dun espazo de memoria e reflexión sobre a infancia vítima dos conflitos armados, con especial referencia á infancia palestina asasinada polo exército israelí na Franxa de Gaza, que en poucos meses superou as cifras dos menores mortos no resto de guerras activas do planeta no últimos catro anos. O Memorial ,que emerxerá de maneira efémera, nos xardíns, á beira do Palco da Música, quere conmover, remover as conciencias e convidar á reflexión, á vez que servirá como escenario para o minuto de silencio pola infancia e a mocidade asasinada que terá lugar o día da clausura do encontro internacional Acampa, o domingo 9 de xuño.

A Coruña, 17 de abril de 2024.- Acampa pola paz necesita axuda. Para facer realidade este Memorial colaborativo pola infancia requírese a doazón de sabas  ou teas brancas sen debuxos,  e mans, moitas mans, que axuden a confeccionar as mil pezas que o compoñen, eses simbólicos sudarios con forma de nenos e nenas cos que darlle forma e ser capaces de imaxinar o que supoñen a morte baixo as bombas israelís de máis de 14.000 vidas, truncadas pola barbarie xenocida.

Para saber onde entregar as sabas e os xornais cos que se dará forma interior a cada envoltorio e/ou apuntarse para colaborar na confección dos elementos, debe contactarse coa área de loxística de Rede Acampa pola Paz, en loxistica@edeacampa.org Aí daráselles a información necesaria para a entrega de material ou o calendario e lugares onde poder axudar na construción das pezas simbólicas. Rede Acampa confía na resposta cidadá dada a complicidade que cada ano os coruñeses e coruñesas mostran participando no Encontro Internacional que converte a esta urbe nun referente nacional de defensa dos DDHH, o Dereito a Refuxio e a defensa da esencialidad do xornalismo humanitario. Toda a información polo miúdo, nesta ligazón, https://t.ly/ILqVz

Este Memorial pola Infancia, colaborativo,  que emerxerá no mes de xuño de maneira efémera nos xardíns, á beira do Palco da Música, quere conmover, remover as conciencias e convidar á reflexión, á vez que servirá para reclamar a fin do xenocidio do pobo palestino. Así, o programa do Encontro Internacional Acampa pola Paz “Infancia e mocidade refuxiada” ten previsto celebrar un minuto de silencio o domingo día 9, día da clausura do Encontro, no que miles de coruñeses e coruñesas asistentes a esta cita reflexiva sobre DDHH poidan gritar alto e claro, desde o seu mudez: Non á matanza de máis nenos e máis nenas en ningún punto do planeta!

O campo simbólico de refuxiados servirá tamén para mirar a Gaza

A dimensión do que está a acontecer na Franxa de Gaza é tal que o campo simbólico de persoas refuxiadas ao redor do que ano tras ano pivota cada edición do Encontro Internacional tamén reproducirá un campo gazatí. Ou o que queda deles neste momento, despois de meses de bombardeos diarios de Israel unha vez que dirixiron e concentraron a toda a poboación sobrevivente de Gaza neles, nun éxodo sen precedentes.

A imaxe do cartel anunciador do Encontro Internacional Acampa 2024 é do fotógrafo palestino Majdi Fhati. Súa é a sobrecolledora imaxe na que se ve a un neno salvando dos entullos os seus libros e cadernos, agarrándose á normalidade e ao futuro dunha infancia arrebatada de raíz polas bombas.

 

 

Comparte esta entrada