A Emisora Comunitaria da coruña CUAC FM, por segundo ano consecutivo, realizou a produción e a gravación das cuñas radiofónicas que utilizarán para difundir á cidadanía as actividades previstas para o Evento 2018 que realizará nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, do 14 ao 16 de Xuño e tamén no Quiosco Alfonso e a Sala Salvador de Madariaga.
As accións previstas de sensibilización cara á cidadanía que esta ano levarán o título de “Acampa, pola Paz e ou dereito a Refuxio polo Cámbio Climático”, constarán de: conferencias, actividades lúdicas, proxección de documentais sociais, exposicións de foto-xornalistas, explicacións dos actores de ong que actúan sobre o terreo, concertos musicais e unha réplica física dun campo de refuxiados por cambio climático. Toda a información e a programación irase actualizando a través da web oficial:
Esta é unha das cuñas gravadas en Radio CUAC para Acampa.
As conferencias do Evento 2017 están dispoñibles AQUÍ.
Forman parte da “Red Acampa” 53 organizacións locais e nacionais e contan con 155 socios/as.