Xa só faltan unhas semanas para ACAMPA 2018 e animámosvos a que participedes activamente connosco como voluntarios e voluntarias.
Poderedes participar directamente neste proxecto, vivir unha experiencia inesquecible, coñecer a verdade das persoas refuxiadas de primeira man a través dos protagonistas e enriquecervos en valores con toda a xente que participa eses días.
Para demostralo, podedes escoitar a ENTREVISTA que lle fixemos a dous voluntarios que participaron en Acampa 2017, no programa Simplemente Gente na emisora comunitaria CUAC FM, onde comparten a súa experiencia como voluntarios en Acampa 2017
Para facerte voluntario/a este ano, simplemente cobre o formulario AQUÍ e poñerémonos en contacto contigo. Moitas grazas e vémonos os días 14, 15 e 16 en ACAMPA 2018.