PEPE MUJICA XA TEN NÁS SÚAS MANS O RECOÑECEMENTO ACAMPA Á DEFENSA DOS DEREITOS HUMANOS 2023
por Comunicación | Abr 5, 2024 |
Ao fin, o Recoñecemento Acampa á Defensa dos DDHH 2023 xa está onde debe!!! Nas mans de Pepe Mujica, tal e coma elixiron as organizacións e os socios de Rede Acampa pola Paz o pasado ano. Hai uns días, a eurodeputada Ana Miranda -en quen delegou no seu momento para que o recollese no seu nome no marco do Encontro Internacional Acampa “Odio ou Convivencia” do xuño pasado- levoullo ata ao seu fogar,a humilde chacra en Rincón del Cerro, ás aforas de Montevideo, na que habita. Grazas infindas, Pepe, desde a rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio polo teu exemplo e dignidade! Honrados de que sexas xa un dos nosos!