Instituto Ensino Secundario da Sardiñeira, A Coruña.
Charla dirixida ao alumnado de ESO e bacharelato.
O acto consistiu na presentación do “Proxecto Acampa, pola paz e o dereito ao refuxio” por parte dunha voluntaria deste proxecto. A continuación unha médica, tamén voluntaria de Acampa, contou a súa experiencia nun campo de persoas refuxiadas en Grecia. Por último a siria-galega Nour, explicou o conflito sirio e a situación das persoas refuxiadas abrindo un coloquio no que participou o alumnado e profesorado mostrando gran interese e sensibilidade cara aos temas expostos.