Colexio das Esclavas, A Coruña.

O acto comezó cunha magnífica presentación preparada polo alumnado de bacharelato e que incluíu música, fotografías e lectura dun poema de Eduardo Galeano.

Despois fíxose a presentación do proxecto Acampa, a descricpión da vida nos campos de persoas refuxiadas e a explicación das causas e consecuencias do conflito sirio acompañado da visualización de fotografías. No coloquio mostrouse gran preocupación polo tema por parte dás persoas asistentes.

Ao final do acto fíxose un grupo de socios e socias de Acampa que mostrou interese pola participación directa nas actividades de Acampa.

Comparte esta entrada