O Movemento Acampa pola Paz presentouse aos máis de 60 alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias da Educación que realizarán este traballo sobre os discuros de odio, tema sobre o que pivotará o Encontro Internacional Acampa pola Paz 2023
Acampa formará parte do curriculo desta iniciativa cuxas responsables son as profesoras Laura Cruz e María Barba.
Está previsto dar a coñecer os resultados desta cardiografía antes do propio VII Encontro Internacional Acampa pola Paz “Odio ou convivencia” . Este celebrarase coma os anteriores nos Xardíns de Méndez Núñez convertendo un ano máis a Coruña nunha cidade refuxio dos Dereitos Humanos.
A Coruña, 29 de setembro 2022.- Rede Acampa e a Universidade da Coruña da man. Colaborando en cartografar os discursos de odio e o seu impacto. Esa é a iniciativa que comeza hoxe a rodar, coa presentación do Movemento Acampa aos máis de sesenta alumnos e alumnas da UdC -do terceiro curso do Grao de Educación Social, no marco das materias “Acción Socioeducativa coas Minorías e Colectivos Vulnerables” e “Recursos e estratexias de Intervención no tempo libre”- que participarán no mapeo do odio. Este traballo estará dirixido pola profesora Laura Cruz, da Facultade de Ciencias da Educación en el colaborará tamén a docente María Barba. O Encontro Internacional Acampa pola Paz 2023, que alcanzará nesa data a súa sétima edición, estará centrado nun binomio ben actual: “Odio ou convivencia”. Parece pois oportuno coñecer a realidade dos discursos do odio e cartografar o seu impacto nos corpos de futuras e futuros profesionais da educación social e de personas en situación de vulnerabilidade.
No encontro de hoxe cos estudantes, Natalia Monje, unha das responsables da ong Ecos do Sur, integrada na Rede Acampa, faloulles da construción do discurso de odio e como combatelo. Os resultados deste traballo daranse a coñecer nun Encontro Acampa na Universidade coruñesa, que terá lugar, previsiblemente, un mes antes do inicio do VII Encontro Internacional Acampa pola Paz propiamente dito, e que volverá, un ano máis, aos Xardíns de Méndez Núñez.
É oportuno lembrar que o tema que centrará este encontro foi elixido polas distintas organizacións que integran Rede Acampa, máis de 80 neste momento, reunidas ao termo do VI Encontro celebrado o pasado xuño. Non houbo moitas dúbidas. “Odio ou Convivencia” gañou por goleada. Non en balde, explicaron naquel momento os responsables da Rede Acampa, “o crecemento do odio a nivel global, a diminución da tolerancia social ao diferente, nun momento en que os tránsitos migratorios multiplicaranse e millóns de persoas camiñarán a procura de refuxio, debería estar na primeira liña das preocupacións de sociedades, gobernos e estados”. “Vemos como os Estados Fortaleza atrincheiranse detrás dunhas fronteiras cada vez máis infranqueables alimentando o odio e multiplicando o rexeitamento aos que chegan ás súas costas ou tentan atravesar os seus países; volvemos invisibles aos máis vulnerables, os despersonalizamos. Permitimos que a ultradereita, coas súas mensaxes xenófobas, teña voz e estenda a súa mancha. Permanecemos impasibles ao crecemento do odio”, explicou Xosé Abad, coordinador de Rede Acampa. “Por iso é máis que oportuno reflexionar sobre esta dicotomía, ter claro de que lado hai que estar e estalo dunha forma militante”, concluíu.