Os principais patrocinadores do evento son o Concello da Coruña, a Deputación e a UDC, aos que se sumaron nesta edición Emalcsa e Marea Atlántica
Tórculo Ediciones, Radio Coruña Cadena Ser, La Opinión de A Coruña, Zenit Hoteles e Terras Gauda son, unha edición máis, colaboradores desta proposta reflexivo-cultural arredor dos Dereitos Humanos e o Dereito ao Refuxio.
A construción do campo simulado, que reproduce nesta ocasión un campo de refuxiados devastado polo odio e o lume, será posible grazas á colaboración do Centro Integrado de Formación Profesional de Someso, os Bombeiros da Coruña, Desgüaces Bellagona, RETO e Prefhorvisa.
Toda a información sobre o VII Encontro Internacional en https://coruna.redeacampa.org/gl/
A Coruña, 1 de xuño de 2023.- A Rede Acampa pola Paz é un movemento sen ánimo de lucro e non conta con infraestruturas e gastos de persoal propios; todo o financiamento utilízase para labores de sensibilización. Por iso, ao apoio das administracións, empresas e firmas patrocinadoras e simpatizantes, hai que sumar as doazóns de entidades e persoas sensibles á razón de ser desta organización, a defensa dos Dereitos Humanos e o Dereito ao Refuxio. Un ano máis, e xa van sete, o Encontro Internacional Acampa pola Paz, que abrirá as súas portas o próximo 16 de xuño nos Xardíns Méndez Núñez da Coruña, será posible grazas ao traballo desinteresado das organizacións que integran o Movemento Acampa (case oitenta) e ao voluntariado.
Os principais patrocinadores de “Odio ou Convivencia” son o Concello da Coruña, a Deputación e a Universidade da Coruña, ás que este ano se sumou Marea Atlántica e Emalcsa. E de destacar que a Rede Acampa foi unha das entidades sociais elixidas por Marea Atlántica a través da súa “Xanela de Proxectos” para a súa achega económica. A eles hai que engadir a colaboración de Tórculo Ediciones, Radio Coruña-Cadena Ser, La Opinión da Coruña, Zenit Hoteles e Terras Gauda.
Colaboración para a construción do campo simulado
Rede Acampa tamén quere agradecer o apoio recibido para a construción do campo simulado que reproduce un campo de refuxiados devastado polo odio e o lume, que será posible grazas á colaboración do Centro Integrado de Formación Profesional de Someso, os Bombeiros da Coruña, Desgüaces Bellagona, RETO e Prefhorvisa.