- Os días 9, 10 e 11 de setembro o centro da cidade da Coruña volverá ser un espazo de denuncia da situación das persoas refuxiadas e migrantes e as causas que as empuxan a fuxir dos seus fogares e países
- O campo dos Xardíns de Méndez Núñez nesta ocasión reproducirá un campamento saharauí no deserto de Alxeria, unha recreación deseñada polo Colectivo Noz
Os días 9, 10 e 11 de setembro o centro da cidade da Coruña volverá ser un espazo de denuncia da situación das persoas refuxiadas e migrantes e as causas que as empuxan a fuxir dos seus fogares e países. Haberá exposicións fotográficas, presenza de activistas de recoñecido prestixio e fotoxornalistas e todo tipo de actividades paralelas para visibilizar o tema da edición, o espolio de recursos. Como cada ano, todo virará ao redor dun escenario simbólico, instalado nos céntricos Xardíns de Méndez Núñez, que nesta ocasión reproducirá un campamento saharauí no deserto de Alxeria, unha recreación deseñada polo Colectivo Noz para a Rede Acampa para achegarnos á realidade na que sobreviven milleiros de persoas fai xa case cinco décadas, expulsados por Marrocos e abandonados pola comunidade internacional.
Centrado na rapina de recursos e os seus dramáticos efectos sobre o desprazamento forzado de millóns de persoas- contará coa presenza da activista congoleña de Dereitos Humanos Julienne Lusenge, directora do Fondo de Mulleres Congoleñas e cofundadora e presidenta de Solidariedade Feminina para a Paz e o Desenvolvemento Integrado. O seu traballo en defensa das mulleres vítimas de violencia sexual en tempos de guerra foi compensado co Premio Internacional de Dereitos da Muller 2018 -outorgado por 25 organizacións de Dereitos Humanos no Cume de Xenebra para os Dereitos Humanos e a Democracia- e polo Premio Ginetta Sagán 2016 que outorga Amnistía Internacional. Así mesmo, recibiu o Premio de Dereitos Humanos da Embaixada de Francia e foi nomeada Caballero da Lexión de Honra polo Goberno francés.
A guerra cruenta do Congo, orixinada na avaricia de moitos países e multinacionais respecto a a súa riqueza en mineráis e terras raras, imprescindibles para o funcionamento da tecnoloxía máis punteira do “Primeiro” mundo, converteu a violencia sexual contra as mulleres e os nenos en arma de guerra. Os masacres de familias e pobos enteiros sucédense. Os nenos, polo seu pequeno tamaño, son escravizados para traballar nas angostas minas…Contra iso levántase a voz de Lusenge.