- Ao intenso programa oficial desta cita que abrirá ás súas portas o 9 de xuño súmanse unha infinidade de propostas propias. Haberá un posto de asesoramento xurídico, clases de español, xogos populares de distintos países, un xigantesco mapa do espolio de recursos, asesoramento sobre o Sistema Estatal de Acollida…
- Suman así as súas propostas ao programa oficial desta convocatoria para a reflexión social colectiva que un ano máis converterá A Coruña nun porto refuxio dos Dereitos Humanos
O Movemento Acampa está integrado por máis de 70 organizacións. Por iso, este VI Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio terá, como en anteriores edicións, un programa complementario ao oficial no que se ofertarán distintas actividades por parte dalgunhas das citadas entidades e colectivos. Propostas propias que profundarán no obxectivo: a reflexión cidadá en torno á Fame.
Así, entre o 9 e o 11 de xuño, terán caseta propia nos Xardíns de Méndez Núñez as organizacións Sen Valos , Amnistía Internacional, Mundo Sen Guerras e Sen Violencia, AIRE, Greenpeace, Simbiose, Refugees Welcome, Sos Racismo-Galicia, Por que non?, Home Novo, Solidariedade Galega, Vangarda Obreira, e Solidariedade Internacional, os sindicatos CCOO Coruña, SLG e os partidos políticos PSOE, Podemos Coruña, Marea Atlántica e BNG.
Unha ampla oferta
Sen Valos dispoñerá dun posto de atención xurídica con avogados que despexen as dúbidas dos que se acheguen ata alí, así como un posto de mediación e información, con mediadoras e mediadores especializados en información ao colectivo subsahariano, árabe, latino, ucraíno e ruso. Tamén informarán de axudas, trámites… Os seus activistas darán clases de español e ensinarán xogos populares de distintas partes do mundo. Simbiose adicará o sábado para recoller, en entrevistas gravadas, as voces da propia Rede Acampa e das distintas organizacións reunidas neste VI Encontro. Solidariedade Internacional instalará un mapamundi xigante para mostrar que bens saquéanse en cada país. Mundo Sen Guerras e Sen Violencia permitirá aos asistentes gravar un vídeo persoal contra a guerra, que se moverá nas súas redes sociais.
Ecos do Sur e Rede Acolle ofrecerán unha charla sobre o sistema estatal de acollida integral e integración de solicitantes de asilo, refuxiados, apátridas, persoas acollidas ao réxime de protección temporal e outros estatutos de protección subsidiaria. Xóvenes activistas da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, pola súa banda, realizarán nos Xardíns unha actividade de sensibilización sobre os distintos conflitos esquecidos aínda que activos en distintas partes do mundo, e sobre eses millóns de persoas que foxen buscando refuxio noutros países vendo vulnerados os seus dereitos, principalmente o de acceso á vivenda.
Para rematar, destacar que Médicos do Mundo traerá ao VI Encontro Internacional Acampa a exposición fotográfica “Mulleres que migran. Razóns e violencias na viaxe eterna de Mesoamérica”, unha mostra que, en colaboración co xornal salvadoreño O Faro, recolle o traballo dos fotoperiodistas Fred Ramos e Víctor Peña.