Hoxe ás 19:30 na biblioteca de Castrillón, Xosé Abad achegaranos a realidade das persoas refuxiadas.
Outro ano máis, celébrase a iniciativa “Corazón do barrio”, nesta ocasión orientada á sensibilización para a Paz e a Non Violencia e, máis concretamente, na presentación do proxecto da II Marcha Mundial pola Paz en 2019.
Dentro da variada programación que inclúe talleres, charlas, proxeccións e contacontos, Abad contará cun espazo no que nos axudará a comprender a realidade que cada día sobreviven millóns de persoas refuxiadas en distintas partes do mundo desde o seu profundo coñecemento tras anos de experiencia como fotodocumentalista e como impulsor da Rede Acampa.
A Rede Acampa xorde en 2016 para axuntar esforzos sociais e humanos ante esta terrible realidade e ante a deriva que tomaron os gobernos incompetentes de voltar as costas a tantos seres humanos negándolles os seus dereitos máis fundamentais.
O principal obxectivo deste movemento é promover o rexeitamento social a esas políticas que pretenden converter aos migrantes e refuxiados nunha sorte de potenciais delincuentes, á vez que dificultan ou ilegalizan o traballo das organizacións que traballan in situ, nos campos de refuxiados, ou se encargan dos rescates no mar Mediterráneo, espazos onde cada día prodúcese o éxodo.
Se queres coñecer máis sobre esta problemática, sobre a filosofía da Rede Acampa e sobre o traballo das persoas e as organizacións que a integran, acercáte á biblioteca de Castrillón.
A entrada á charla ” A realidade das persoas refuxiadas” con Xosé Abad é gratuíta ata completar aforamento.
Alí esperámosvos!