Dous anos despois da súa estrea na Coruña, a iniciativa desenvolta polo movemento Acampa consegue expandirse a América e mesmo África, grazas ao proxecto que xa se puxo en marcha para o próximo 2019 nos principais países de lingua lusa

A cidade brasileira de Piracicaba, a 150 quilómetros de Sao Paulo, está confirmada como unha das sedes do que se converterá na primeira Acampa Brasil ou, para ser precisos, a primeira luso- parlante. O seu impulsor, o experto en educación ambiental Marcos Sorrentino, profesor e responsable do Laboratorio de Educación e Política Ambiental da Universidade de Sao Paulo, busca montar unha edición simultánea de Acampa 2019 noutras cidades, incluída a capital, Brasília, contando ademais coa implicación doutros países de lingua portuguesa: Portugal, Angola, Cabo Verde, Guinea- Bissau, Mozambique e San Tomé e Príncipe.

Marcos Sorrentino, experto medioambiental e impulsor de Acampa Brasil

“Aínda que sexa de pequenas dimensións, Acampa Brasil celebrarase. Con toda certeza”. Así de rotundamente exprésase este ex cargo do Ministerio de Medio Ambiente da Administración Lula. ” Mesmo van a bo ritmo as conversacións para conseguir este 2019 unha celebración simultánea de Acampa nos máis países luso-falantes posible”.

Os impuslores desta ilusionante iniciativa xunto con varias organizacións locais de Piracicaba (os responsables da Xornada Universitaria pola Reforma Agraria, entre outras), está a empregar todas as vías negociadoras ao seu alcance para conseguir o apoio e tamén a implicación das institucións e os movementos sociais máis representativos de dentro e fóra de Brasil. A próxima cita encamiñada a esa suma de sinerxias será en Guinea- Bissau, no Congreso Lusófono Galego previsto para o mes de abril.

Educación ambiental vs. migracións

Marcos Sorrentino e o seu colega Simone Portugal, participaron este verán en Acampa 2018 onde deron a coñecer o seu traballo de investigación sobre educación e medio ambiente.  “Na Coruña puidemos comprobar a converxencia entre a filosofía do movemento Acampa e as nosas áreas de actuación, centradas na loita pola terra e a xustiza social. Para nós a educación ambiental, é o único camiño para protexer o futuro de millóns de persoas que, doutro xeito, abocaremos a migrar”.

“Enfrontar o problema dos refuxiados e refuxiadas é enfrontar, país por país, as desigualdades que levan á emigración, algo que ten moito que ver coa propia educación ambiental”_ Subliñan os dous colaboradores de Acampa e membros do Laboratorio de Educación e Política Ambiental que coordina estes novos proxectos e que ademais impulsa o método de educación ambiental transformador entre a poboación brasileira,  (Método Oca), a través de los llamados “círculos de cultura”, proyectos desarrollados con profesores y también agricultores, en el campo y asimismo en la ciudad. “Porque la única vía para conseguir ese cambio imprescindible es el diálogo”.

 

 

 

 

Comparte esta entrada